Buscamos abrir os datos das comunidades locais, asociacións, colectivos, pemes e todos os que queiran participar para ensinarlles as cousas chulas que podemos facer neste hackathon con eles.
Públicos e con licenzas libres, pensando sempre na reutilización e en mellorar a sociedade.
Crearemos proxectos de Software e Hardware Libre, buscando impulsar a innovación aberta e colaborativa.
Experimentar e aprender con datos, frameworks, APIs e todo tipo de tecnoloxías libres
E para os mellores proxectos igual temos algunha cousiña para regalar ;)
A idea é pasar dous días en equipo creando un prototipo de proxecto tecnolóxico que aproveite datos de fontes abertas, todo nun ambiente colaborativo no que aprender moitísimo e pasar un bó rato
Non dubides en pasarte polo evento, seguro que podes aprender moitas cousas.
Para ver o potencial dos datos abertos aquí temos unha pequena lista de proxectos que xeneran ou utilizan este tipo de datos, no botón poderás ver ou engadir algún máis que coñezas
Citybik - Compartición de bicicletas
Wheelmap - Accesibilidade en cadeiras de rodas
Red electrica de España - Consumos enerxéticos en tempo real
¿A donde van mis impuestos? - O título xa o dí todo
Identificar os datos a liberar: Teremos que facer selección dos datos a publicar xa que por exemplo non podemos liberar información persoal
Extraer os datos: Ver o formato dos datos que temos e extraelos a través dun API, un ficheiro CSV, XML ou ata mesmo unha folla de cálculo podería valer para comezar (aínda que non é a mellor opción)
Poñerlles unha licenza: Temos que explicar o que a xente vai poder facer con estes datos, as típicas pódense atopar en opendatacommons
Propón un proxecto: Se tes unha idea de algo que se podería facer cos datos que queres liberar, pásate polo evento e presenta o teu proxecto. Con sorte o proxecto será elixido e traballarás con outras persoas para sacar un primeiro prototipo ;)
Os proxectos deben estar todos baseados en datos abertos (por suposto con licenzas libres) aínda que tamén se acepta facer un pouco o gamberro nalgúns casos, só co obxectivo de mostrar as cousas chulas que poderíamos chegar a facer se os datos estivesen publicados con unha licenza libre.
Temática social - Buscamos axudar a asociacións e colectivos a liberar os seus datos, os proxectos sociais serán os máis valorados!
A cidade e o entorno - Proxectos que sexan utilizables no noso entorno tampouco puntúan mal.
Orixinalidade - Non olvides que é importante pasalo ben ;)
Datos abertos - E se non se che ocorre nada do anterior, sempre podes aproveitar outras fontes.
Fixemos uns posts nos que poder ver o que a xente propón e onde poder colaborar con novos proxectos, ideas e fontes de datos abertas que atopemos.
Non lles vas botar un ollo?
Ver ou engadir ideas e fontesBásicamente así imos pasar a fin de semana do 22 e 23 de Outubro, aprendendo entre amigos. Non te apuntas?
Sábado 22 | |
---|---|
Horario | Actividade |
10:00 - 10:45 | Benvida e presentación |
10:45 - 11:30 | Almorzo e creación de equipos |
11:30 - 14:00 | Hacking time + Charlas introductorias |
14:00 - 15:00 | Descansiño para comer |
15:00 - 21:00 | Hacking time |
Domingo 23 | |
---|---|
Horario | Actividade |
10:00 | Apertura de portas |
10:30 - 11:15 | Almorzo para empezar forte |
11:15 - 14:00 | Hacking time |
14:00 - 15:00 | Comida rápida e a rematar! |
15:00 - 17:00 | Hacking time |
17:00 - 19:00 | Exposición de proxectos |
Graciñas a toda esta xente por axudarnos a montar un evento coma este.